O Pano
Unha obra sobre a violencia machista.
O Pano é unha montaxe multidisciplinar sobre a violencia machista. Trátase dunha peza dramática que contén monólogos, danza, música e poesía, co fin de que o impacto deste tema tan duro na mente dun potencial público adolescente sexa revelador e positivo.
Dispoñemos dunha unidade didáctica baseada no previo visionado de O Pano, elaborada por Esmeralda Quiroga (profesora de Lingua Castelá e Literatura do IES Val do Tea) que podería ser facilitada, se se nos solicitase.
Vivamus lacus mauris, rutrum in nulla sed, euismod varius turpis. Fusce vel consequat orci. Vestibulum consequat nulla a turpis maximus tincidunt.
Donec rhoncus enim sed nulla imperdiet malesuada. Nunc pharetra urna a felis bibendum molestie. Vivamus lacus mauris, rutrum in nulla sed, euismod
Vídeo de presentación
Sinopse
Celia, nada en 1924, vivíu a crueza do patriarcado ao longo do século XX e Sau vive as consecuencias do seu enquistamento nun probable devir distópico en pleno corazón do século XXI. Dúas mulleres entre as que existe unha conexión atemporal.
Celia acaba de chegar ao limbo. Lembra o ensino da II República, o terror da Guerra Civil e a posguerra, escuro período no que coñece a Mario, un maltratador que lle deixa unha fonda cicatriz. Celia afronta esa dor desde unha heroicidade pouco convencional. Coa axuda de Soidade, a fraga, a súa horta e a forza de todas as súas devanceiras, reconstrúe a súa vida.
Sau 43 acaba de fuxir por unha fendedura temporal. No ano 2040 todas as persoas levan un microchip desde a secura do 29, todas as mulleres e boa parte dos homes foron xulgadas públicamente e a agresividade medra cada día. Ou mudamos o presente ou non temos futuro.


